Beatriz Fernández e Anxo Castro, novos campións galegos de media maratón

Atletismo
F.A.
Podio absoluto do campionato de Galicia de media maratón celebrado en Pontevedra. Foto: F.A.

atletismo. Beatriz Fernández Gil do Atletismo Corredoiras cun rexistro de 1h.24:54 e Anxo Castro do C.D. Atletaria con 1h.07:48 proclámaronse campioa e campión de Galicia de media maratón na edición desenvolta en Pontevedra. Nun día de bastante auga pero de moita participación, a gañadora estivo acompañada no podio por Patricia Varela do At. Arenteiro quen chegaba a línea de meta tres minutos despois e por Andrea Iglesias do Atletics Fisioterapia San Lázaro que remataba con 1h.28:11. No tocante á categoría masculina o subcampionato foi parar ás mans de Carlos Porto da Gimnástica de Pontevedra con 1h.08:10 sendo o bronce para Fernando Rial do Atletismo Santiago con 1h.08:40. Compre salientar que a gañadora desta edición, lograba fai dúas fins de semana na Coruña, o campionato de Galicia de Maratón. f.a.