Case 700.000 euros da Deputación aos clubes

Polideportivo
Redacción ECG
Cristina Capelán. Foto: D.C.

O Boletín Oficial da Provincia recolleu onte a concesión de subvencións a clubes e entidades deportivas que compiten no ámbito local, provincial e autonómico. O importe total das axudas é de 685209,46 euros.

Beneficiaranse un total de 162 clubes desta liña de subvencións. “As axudas deportivas da Deputación da Coruña contribúen a manter a actividade e a mellorar as infraestruturas de centos de clubs de todas as disciplinas e categorías, axudando a situar aos equipos coruñeses na vangarda do deporte galego”, afirmou a deputada responsable de Deportes, Cristina Capelán Cancelo.