Castrelo de Miño acolle o Campionato Galego de remo alevín e infantil

Remo
El Correo Gallego
Imaxe da presentación do Campionato de Remo infantil e alevín de remo. Foto: Deputación

Ourense. O parque náutico de Castrelo de Miño acolle mañá o Campionato Galego de remo olímpico nas categorías alevín e infantil, masculino e feminino. O evento, que foi presentado onte no Pazo Provincial, conta co apoio da Deputación de Ourense e nel participarán 13 equipos procedentes de toda Galicia.

As distancias que percorrerán esta fin de semana na pista náutica de Castrelo serán 500 metros na categoría alevín e 1.000 metros na categoría infantil.

A presentación contou coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde e o concelleiro de Deportes de Castrelo de Miño, Avelino Pazos e José Antonio Ferreiro, respectivamente; o presidente da Federación Galega de Remo, José Manuel Seijas; e o xefe do Servizo provincial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez.

Os clubs participantes proceden de Ourense, Lugo, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo e Moaña. ecg