Deu a Xunta 1.2 M a 31 equipos de Santiago, 46 da Coruña e 19 de Ferrol

política deportiva
Redacción ECG
Reunión entre Lete Lasa e os equipos de Santiago. Foto: Xunta

AXUDAS O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo delegado da Xunta en A Coruña, Gonzalo Trenor López, asinou os contratos de patrocinio cos equipos das

áreas de Santiago, Ferrol e A Coruña participantes no Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de Alta Competición de Galicia da Fundación Deporte Galego.Son 31 equipos de Santiago e a súa área (20 masculinos e 11 femininos) que reciben 442.642,16 euros, máis

do 14% de todo o plan; 46 da área da Coruña (26 masculinos, 19 femininos e 1 mixto), que levarán 542.291,05 euros; e os 19 equipos da

área de Ferrol (11 masculinos, 7 femininos e 1 mixto) suman 255.245,63 euros).

Lete Lasa apuntou a relevancia dun programa que comezou na tempada 2009/2010 con apenas 80 equipos e un orzamento de 2,2 millóns e que foi medrando ata acadar os 231 equipos patrocinados nesta última edición e os 3,15 millóns de orzamento global.

En total, nas súas doce edicións, o Plan de Patrocinio ten chegado xa a 1.617 equipos cun total de 33 millóns, grazas á axuda de Abanca, que grazas ao acordo acadado en 2020, seguirá colaborando co deporte galego de alto nivel ata 2024, cunha achega de dez millóns desde 2015. ECG