Éxito na homenaxe feita o gran Fernando Seoane

El Correo Gallego

AMES. Onte tivo lugar no Estadio Municipal de Bertamirans o partido de homenaxe a Fernando Seoane cunha selección de xogadores do concello de Ames ante o filial do C. D. Deportivo Lugo (con esta aliñación: Brais, Torrado, Buíde, Iago Parga, P. Castrín, Iago Novo, Hugo García, Fidalgo, Rubal, Rojo e Xabi Domínguez). Despois de dez campañas xogando no Lugo, o Concello de Ames artlellou este partido para salientar a exitosa traxectoria deportiva deste veciño de Tapia. Onte, o filial lucense gañou con moita facilidade por un 9-0. REDACCIÓN