Galicia, protagonista entre as Federacións Autonómicas de Golf

Golf
Redacción ECG
Imaxe de Nava Castro e Lete Lasa no XLV Congreso Nacional de Federacións Autonómicas de Golf celebrado no Hotel Monumento San Francisco. Foto: Xunta

Santiago. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron este mércores no XLV Congreso Nacional de Federacións Autonómicas de Golf celebrado no Hotel Monumento San Francisco.

Alí, Lete Lasa destacou a capacidade de liderado do golf galego no contexto nacional que vai parella ao liderado de Galicia na protección da actividade deportiva en tempos de pandemia. Tamén fixo referencia a unidade didáctica do program Xogade, O golf na escola, que o curso pasado realizaron 300 nenos de 5.º de Primaria dos centros escolares de Pontevedra e que achega o golf a través de actividades lúdicas que crean un espazos educativo para a adquisición de valores desde un punto de vista físico, psíquico, social e intelectual.

Pola súa parte, Nava Castro referiuse ás condicións de Galicia para atraer xogadores e afeccionados ao golf que cualificou de excepcionais tanto no que se refire a instalacións como a oferta complementaria (aloxamentos, servizos, paquetes turísticos...).

Destacou a iniciativa do Cluster Turismo de Galicia e a entidade Galicia, destino Golf denominada Galicia Golf Saúde, unha web de contacto directo cos campos e os aloxamentos, que busca crear unha rede hispano portuguesa de colaboración para os practicantes de golf que ofrece a combinación perfecta entre deporte, relax e gastronomía. ecg