Incerteza coas citas atléticas máis inmediatas

Atletismo
El Correo Gallego
O presidente da FGA Isidoro Hornillos, segundo pola esquerda, na presentación dunha edición da Carreira de Negreira. Foto: ECG

CALENDARIO As incertezas, restricións e adiamentos marcan o día a día do calendario nacional que foi aprobado recentemente pola Real Federación Española de atletismo. Entre as máis de duascentas citas, tamén as que se organizarán en Galicia están pendentes da evolución sanitaria da COVID.

Como as catro que se van levar a cabo na Coruña que son a XIII Media Marathon A Coruña 21 (14 de febreiro), a XV Carreira Popular A Coruña10 (18 de abril), o G.P. Internacional de Marcha Cantones da Coruña-G.P. Sergio Vázquez ((5 de xuño) e o IX Marathon A Coruña 42 (3 de outubro). Precisamente o xoves o Concello herculino comunicaba o adiamento da media marathon, sendo a día de hoxe unha incertidume o que poida acontecer ca Coruña10. Outras das citas importantes do calendario nacional serán o IX Trofeo Alfonso Posada que acollerá Balaidos o día 26 de xuño, e a clásica XXXIX Carreira Popular de Negreira do 14 de novembro.

No aire nestes momentos están o Nacional Absoluto de pista cuberta disposto para os días 20 e 21 de febreiro en Madrid, e o Nacional de Campo a Través individual e por Federacións, do 28 de febreiro. Máis lonxe quedan o Campionato de España absoluto ó aire libre fixado para os días 26 e 27 de xuño en Getafe.

A nivel internacional a localidade polaca de Turun será quen organice do 5 ao 7 de marzo o Campionato de

Europa de Pista cuberta que servirá como importante test para a gran cita do ano que durante os días 30 de

xullo ao 8 de agosto convertirán a Tokio no gran centro de atención mundial cos

Xogos Olímpicos. ecg