Iván Feijoo, Lara Lois e Saúl López revalidan os seus títulos galegos

Ciclismo
Redacción ECG
Iván Feijoo, Lara Lois e Saúl López no podio de gañadores da Xaxanbike. Foto: FGC

XCO O Cros Country Olímpico galego regresou á normalidade previa á pandemia. O sub-23 Iván Feijoo (BH Templo), a elite Lara Lois (Extol MTB Team) e o elite Saúl López (Academia Postal-Abanca) revalidaron na Xaxanbike os títulos autonómicos de XCO que conseguiron en xullo de 2019 en Montefaro. Os favoritos tamén cumpriron co seu papel nas outras oito categorías que competiron no Campionato Xunta de Galicia celebrado na localidade pontevedresa de Marín.

O corredor do BH Templo finalizou a primeira das sete voltas con 28 segundos de vantaxe sobre Saúl López e Brais Sendín. ecg