Laracha, capital do patinaxe artístico este sábado grazas ós doce clubs participantes

Alquimia, Compañía de María, Escola Lubiáns,
e o clube organizador, CP Conxuro, parte dos inscritos
El Correo Gallego

Santiago. O Club de Patín Conxuro organiza a II Fase de Niveis Libre (Niveis do 4 ó 10) que se vai celebrar no pavillón Municipal da Laracha este sábado día 25 de xullo desde as 10:00 h. e ata as 14:20 horas.

Trátase dunha proba federativa oficial á que acudirán preto de cen patinadores, que realizarán un programa coa finalidade de superar cada quen o seu nivel.

Tomarán parte no evento doce clubs de patinaxe de toda a provincia da Coruña, en concreto CP Patiart , CP Velúa, CP Aura, CP Buxaina , CP Lenda, CD Fervello, CPA Costa da Morte, CPA Inercia,, CP Alquimia, Club Compañía de María, Escola Lubiáns, e o clube organizador, CP Conxuro A Laracha, exemplo da cantidade de integrantes que move este deporte na provincia

O CP Conxuro presenta a 6 das súas patinadoras: Nivel 4, Iria Bustelo; Nivel 5, Lara Roca, Carla Santín e Claudia Regueira; Nivel 6, Lola Collazo e Claudia Buño.

HOrarios e entidades colaboradoras Esta proba organizada polo CP Conxuro é convocada pola Federación Galega de Patinaxe e conta coa colaboración do Concello da Laracha, a Deputación Provincial da Coruña, Xunta de Galicia e Deporte Galego e os patrocinadores Asteria Café, Maluca Lobe, O Noso Café e Argalla.

Falando da listaxe dos horarios das probas desta II Fase de Niveis Libre (Niveis do 4 ó 10) o programa foi artellado deste xeito: Nivel 4 (de 10 horas ata 11.10 h); N. 5 (11.10 h.-12.35 h.); N. 6 (12.35 h.-13.25 h.); N. 7 (13.25 h.-13.55 h.); N. 8 (13.55 h.-14.10 h.); N. 9 (14.10 h.-14.20 horas). REDACCIÓN