Lete Lasa destaca a presenza de Obradoiro e Breo no EncestaRías

Baloncesto
El Correo Gallego
Foto de familia durante a presentación do evento. Foto: Xunta

Santiago. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na presentación do sexto Torneo EncestaRías ACB que terá lugar no pavillón de Fontecarmoa esta fin de semana. Nesta nova edición estará protagonizado por “dous dos mellores equipos galegos, o Breogán e o Obradoiro” así como por “dous dos mellores equipos nacionais, o Unicaja de Málaga e o Joventut de Badalona”. Lete Lasa tamén aplaudiu a escolla de Siña Abeijón, histórica xogadora do Cortegada, como madriña do evento.

O mandatario galego resaltou que esta é a primeira vez que os dous mellores equipos de Galicia se enfrontan nun dos torneos baloncestísticos máis importantes do verán e fixo un repaso pola súa traxectoria como ex xogador de ambos clubs.

O secretario xeral anunciou que, xunto ao Concello de Vilagarcía, a Xunta de Galicia colaborará na reforma de Fontecarmoa, que un ano máis, acolle o evento. ECG