Lete, na presentación do Junior Qualifying Series

Surf
Redacción ECG
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, na presentación do Junior Qualifying Series 1.000 Gadis Junior Prol Ferrol. Foto: Xunta

SURF O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na presentación do Junior Qualifying Series 1.000 Gadis Junior Prol Ferrol que se celebra ata o 25 de xullo en Doniños. O mandatario galego destacou a importancia de que Galicia “conte cunha das cinco probas do circuíto júnior máis importante do mundo, un feito que afianzará a política deportiva de base que se leva a cabo en Galicia”.

En total, 214 surfeiros (78 mulleres e 136 homes) de 13 países dos 5 continentes vense as caras en Doniños dos cales 64 son galegos. ecg