Lete, na presentación do Nacional infantil de karate

Karate
El Correo Gallego
Imaxe da presentación do Nacional en Ourense. Foto: Xunta

Ourense. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, xunto co delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participaron na presentación do Campionato de España infantil de karate que terá lugar na cidade das Burgas ata o domingo.

Lete Lasa destacou a importancia do “deporte para toda a vida”, un dos lemas do Plan Galicia Saudable que ten na plataforma DAFIS unha das súas ferramentas máis importantes.

Preto de 700 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e xuvenil (dende os 7 ata os 13 anos) -dos que 44 serán deportistas galegos de 15 clubs da comunidade- participarán nesta cita no Pavillón dos Remedios. ecg