Lydia Pérez, co equipo olímpico sueco de loita

Luchas olímpicas
El Correo Gallego
Lydia (d), xunto a Henna Johansson. Foto: fegaloita

SPARRING A pontevedresa Lydia Pérez recibiu unha oferta da Federación Sueca de Loitas Olímpicas para participar activamente na preparación de Henna Johansson e Sofía Mattson, de cara a súa participación nos Xogos Olímpicos de Toquio. Lydia permanecerá concentrada coa selección sueca ata que as súas integrantes viaxen a Toquio, o día 20.

Esta oportunidade pon en valor o traballo e a relevancia da deportista pontevedresa a nivel internacional. Adestrar coas mellores deportistas do mundo será unha boa formación para o seu futuro máis inmediato.

Esta é a segunda concentración en menos dun mes na que participa Lydia Pérez en Suecia. ECG