O atletismo galego, entre os deportes máis solidarios

Calendario
Redacción ECG
A ONG AGA-Ucraína estivo na carreira Popular de Coruña-10

CALENDARIO. É moita a actividade competitiva que cada ano se inclúe no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo. Segundo datos oficiais, esta ano foron máis de catrocentas as probas as que se desenvolveron ao longo da Comunidade nas distintas modalidades de pista aire libre, pista cuberta, campo a través, trail e ruta. Esta ampla oferta, que cada ano conta con máis probas de recente creación, estase convertendo “nun excelente medio para dar a coñecer e concienciar á cidadanía sobre as distintas campañas solidarias, humanitarias ou sociais que buscan no noso deporte un medio útil para os seus propósitos”, indican desde a Federación Galega de Atletismo. E engaden que teñen sido non poucas as probas organizadas específicamente con fines solidarios, xunto ás cales tamén xurdiron un gran número de iniciativas que, de maneira indirecta, aproveitaron á competición para as súas accións solidarias.

Precisamente, este ano a invasión de Ucraína por parte de Rusia foi motivo para que distintos colectivos denunciasen a situación e procederan á recadación tanto de alimentos como de fondos destinados ao pobo ucraíno.

Outro dos aspectos nos que máis se incide son aqueles que gardan relación ca igualdade e a violencia de xénero, sen esquecer, apuntan desde a Federación, ás distintas campañas que centran na saúde o seu punto de atención. REDAC.