O Brión Hyupersa Santiago acepta o reto do ‘The Speed Faros Project”

O sábado cinco atletas completarán os 200 km entre o Porto de Malpica e de Fisterra
Atletismo
El Correo Gallego
Imagen del CA Brión Huypersa Santiago. Foto: SE

Santiago. O Club Atletismo Brión Hyupersa Santiago será o primeiro equipo en realizar a carreira por relevos The Speed Faros Project, 200 quilómetros entre o Porto de Malpica e o Faro de Fisterra seguindo a coñecida ruta Camiño dos faros. A proba de trail se correrá en relevos por equipos de toda Galicia integrados por cinco corredores.

O primeiro dos brioneses sairá o sábado ás 7.00 horas, do

porto malpicán, para afrontar un percorrido de entre 10 e 12 km antes de ser relevado por outro compañeiro. Deste xeito, cada un dos cinco corredores percorrerá uns 40 km ao rematar a xornada en Fisterra, momento no que fixarán o tempo a bater polo resto de participantes.

Así mesmo, cada un dos 5 corredores estará acompañado por outro atleta do Club Atletismo Brión Hyupersa Santiago, que o acompañará durante a ruta.

Baseada na proba americana orixinal The Speed Project, a cita non ten regras nin sancións, nin hora de saía nin de chegada, nin premios, nin prezo de inscrición: só é preciso anotarse e indicar cando se vai facer a proba.

O patrocinador principal do club, o concesionario Hyupersa Santiago, colabora cedendo dúas unidades do novo Hyundai KONA eléctrico, que serviran de apoio durante a proba. ecg