O júnior galego Manuel Fernández López estará no novo Europeo de Surf

El Correo Gallego
NIGRAN. Terceiro pola esquerda, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete.

DE OLEIROS. O oleirense Manuel Fernández López foi seleccionado pola Federación Española de Surf para representar a España no vindeiro Campionato de Europa Júnior que se celebrará entre o 15 e o 24 de xullo na praia de Santa Cruz, na vila de Torres Vedras (Portugal). Competirá na categoría sub-18 coa selección e a nivel individual, contando con opcións de acadar bos resultados en ambas categorías. A expedición da selección nacional partirá dende Valdoviño onde, entre o 9 e 17 de xullo, celébrase o Abanca Pantín Classic Galicia Pro e irá acompañada dos técnicos nacionais Pablo Solar, Luis Pérez Gigi e Ibon Amatriaín.

Este fito pon de manifesto a aposta da Xunta de Galicia polo surf na nosa comunidade autónoma, posto que o mozo surfista galego leva uns meses adestrando no Núcleo Especializado de Surf (Nade) de Nigrán. ECG