O segundo plan de axuda da Xunta chega ao triple de equipos femininos, 26

política deportiva
ECG
María Jesús Lorenzana e José Ramón Lete Lasa. Foto: Xunta

Santiago. A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana e o secretario xeral para o deporte, José

Ramón Lete, participaron na presentación do segundo plan de patrocinio contra a violencia de xénero dos equipos de alta competición femininos de 1º e 2º máximo nivel estatal de Galicia 2021, que este ano triplica o número de clubs que recibirán apoio, 26, e incrementa un 70% a aportación económica ata superar os 254.000 euros.

Renóvase o compromiso da Xunta e a firme aposta polas deportistas galegas, que “cada ano non só agasallan ás comunidades con éxitos nas súas respectivas disciplinas, senón con valiosas ensinanzas sobre o verdadeiro significado do compañeirismo, o esforzo, o traballo, a superación como colectivo (escapando de individualismos), ou a resiliencia”, manifestou Lorenzana.

Lete destacou “o crecemento imparable do deporte feminino galego”. ecg