Ourense acollerá os mellores aventureiros

El Correo Gallego
PRESENTACIÓN Manuel Baltar e Pablo López. Foto: D.O.

2021 Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense; e Pablo López, director da proba, presentaron onte a cita do Campionato do Mundo de carreiras de aventura que albergará a provincia ourensá en outubro de 2021. Será unha das probas máis duras do mundo e a que decidirá o certame, e participarán máis de setenta equipos procedentes dos cinco continentes. A competición baséase na modalidade de orientación, con tramos de trekking, BTT e kayak durante oito días, percorrendo máis de 600 km. Ademais será emitida en máis de setenta país a través de National Geographic. ECG