Ouro para Xela Martínez e prata para os sub-16

Atletismo
Redacción ECG
A campiona de España sub-16 Xela Martínez. Foto: FGA

Santiago. A selección galega sub-16 masculina logrou a segunda posición no Campionato de España de campo a través do CSD na edición disputada no Centro Ecuestre El Asturcón en Oviedo na que tomaron parte un total de dezaoito equipos e preto de catrocentos atletas.

O equipo formado por Ricardo Negrete (7.º), Damián Suárez (8.º), Teo de Frutos (17.º), Sergio Quintas (18.º), Asahber Díaz (20.º) e Matías Regueiro (35.º) lograba esta meritoria segunda posición nun campionato na que tan só cederían ante o País Vasco por tan só dous puntos.

A outra das noticias da xornada foi a carreira da lucense Xela Martínez que se proclamou campioa de España amosando novamente a súa enorme calidade nunha categoría sub-16 onde Galicia rematou sétima.

Na categoría sub-18, o equipo masculino liderado por Mateo Rodríguez (9.º) foi sexto sendo novenas as mulleres con Paula Cabaleiro (41.ª) logrando o mellor posto entre as atletas galegas. ecg