Palacios, Senra e os irmáns Vallejo competirán no Rally Recalvi Rías Baixas con 120 pilotos

R.R.
Asistentes á presentación do Rally Recalvi Rías Baixas no Porriño

O Porriño. O Concello do Porriño acolleu este mércores a presentación da 55 edición do Ralllye Recalvi Rías Baixas que se disputará esta fin de semana. O acto, que presidiu o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, contou coa participación de Fernando Mouriño, presidente da Escudería Rías Baixas; José Vicente Medina, vicepresidente da RFEA; Abel Estévez, concelleiro de Deportes; Puri Silva, secretaria do Rallye Recalvi Rías Baixas; e os pilotos locais José Antonio Martínez del Río, José Calvar e a súa copiloto Eva Costas; e Miguel Rodríguez e o copiloto Roberto Paramos.

Tal e como explicou o presidente da Escudería Rías Baixas, a inscripción este ano superou todas as expectativas e serán 120 os pilotos que disputen a proba. Entre eles, o campión da Copa do ano pasado, Oscar Palacios, Víctor Senra que lidera neste momento a Copa, ou os irmáns Vallejo que son todo un emblema no rally.

José Vicente Medina, vicepresidente da Real Federación Española de Automovilismo, destacou que “o alto número de inscritos fan honor a que se trata dun evento consolidado, que non sería viable sen o respaldo dos concellos como o que se prestan desde O Porriño”..r.r.