Posta de largo no CGTD da Liga Xunta de Breaking

política deportiva
ECG
Houbo unha exhibición de breaking no CGTD. Foto: Xunta

Santiago. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón

Lete Lasa, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel Toimil, asistiron no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra ao acto de presentación dunha xornada da Liga Xunta de Galicia de Breaking, que se celebrará esta fin de semana.

Lete recordou a incorporación do breaking ao calendario olímpico de París 2024, destacando “o indiscutible factor atlético deste deporte que require de preparación física, adestramentos e concentración”. E remarcou “o seu innegable valor na procura de igualdade, dada a súa competición mixta e a alta participación feminina”. ECG