Presentación dos equipos do HC Raxoi hoxe en Vite

Rosa Cano

Este sábado vai ter lugar a presentación dos equipos do dos Hockey Club Raxoi (HC Raxoi) para as datas da temporada 2022-23.

O acto terá lugar en Santiago, no pavillón municipal de Vite a partir das 19:30 horas e nesta cita van contar con a concelleira de Deportes da capital galega Esther Pedrosa, máis representantes da Universidade de Santiago(USC), e da concellería de Deportes de Muros e tamñen do Concello de do Oroso, ademáis dalgun colaboradores entre outras autoridades, segundo sinalan na nota de prensa enviada ata EL CORREO.

Presentaranse os equipos de base do Hockey Club Raxoi que compiten a nivel autonomico, así como tamén o masculino e feminimo que van tomar parte en partidos a nivel nacional.

O evento durará en torno a 60 minutos e despois os protagonistas desprazaranse ao restaurante A Nave de Vidán “para tomar un aperitivo”.

Entre os éxitos do Hockey Club Raxo, paga a pena salientar o bo traballo de Noa e Uxía, mozas do club que estiveron “representando con orgullo a Galicia no Torneo de Aveiro” hai varias semanas.

CORPO TÉCNICO. “A peza fundamental no desenvolvemento e funcionamento dun grupo de xogadores é a figura do adestrador”, din no HC Raxoi. Ainhoa García é a coordinadora deportiva e adestrador das categorías Senior e Sub17 feminino; Andrés García o c oordinador deportivo e adestrador das categorías Senior e Junior; Pedro Siaba o adestrador das categorías Xuvenil e Infantil: Lara Yáñez a destradora das categorías Benxamín, Prebenxamín e Micro: e Lucía Yáñez a adestradora das categorías Benxamín, Prebenxamín e Micro; a César Soriano o destrador da categoría Alevín. explican o Hockey Club Raxoi na súa web: hcraxoi.wordpress.com.