Recoñecidos os primeiros DGAN tras o novo decreto

Deporte Galego de Alto Nivel
El Correo Gallego
Lete Lasa, xunto con varios deportistas galegos. Foto: S.E.

XUNTA A Secretaría Xeral para o Deporte publicou no Diario Oficial de Galicia a resolución do 23 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas de alto nivel de Galicia. Estes cinco deportistas -Tamara Abalde (baloncesto), Julia Benedetti (patinaxe), Tirso Cerqueira (vela), Sara Iglesias (salvamento e socorrismo) e Sara Viéitez (loita)- son os primeiros recoñecidos ao abeiro do novo decreto polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base en Galicia.

O novo decreto DGAN simplifica os procedementos xa que o recoñecemento pódese solicitarse en calquera momento do ano. Ademais, o recoñecemento poderá ser vitalicio en determinados supostos e, entre outras novidades, prevé supostos de prórroga da condición por inactividade por lesión, supostos de embarazo, nacemento de fillo ou adopción. Tamén atende a novas demandas como a fase da retirada competitiva.

Os deportistas galegos de alto nivel en Galicia son, na actualidade, 500 (196 mulleres e 304 homes). Entre eles cómpre destacar a 17 deportistas con discapacidade (5 mulleres e 12 homes). Serán admitidas ou contan con documentación a subsanar 344 Axudas DGAN. ECG