Ribeira celebra a III Milla Heroínas de Sálvora o 2-E

Solidariedade
El Correo Gallego

SOLIDARIA Cadrando cos 101 anos do afundimento do vapor Santa Isabel, o vindeiro 2 de xaneiro de 2022 terá lugar a terceira edición da Milla Solidaria Heroínas de Sálvora, que recupera a súa versión presencial logo de que a última convocatoria tivera lugar de xeito virtual.

O percorrido da carreira terá lugar polo porto de Aguiño. Poderán participar atletas federados e non federados. As carreiras comezarán ás 11.00 h. A categoría absoluta, ás 12.45 h, terá unha distancia de 1.609 m. As inscricións débense formalizar na web galitiming.com. O custe é de 5 euros para as categorías superiores á sub-14 e gratis para os menores de 14. A recadación doarase á asociación Creba. ECG