Ruth Lorenzo e Estrella López son aplaudidas en Raxoi polos seus éxitos

A karateca e a iudoca agradeceron a visibilidades aos deportes minoritarios
Polideportivo
El Correo Gallego
Imaxe da recepción de onte a Lorenzo e López. Foto: Concello

Santiago. Ruth Lorenzo Couso, bronce en kumite na Fase Final de la Liga Nacional de kárate, e Estrella López Sheriff, bronce no campionato de Europa de iudo , foron recibidas onte en Raxoi polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e a concelleira de Deportes Esther Pedrosa.

A concelleira reiterou que con este acto o que se intenta é reforzar un dos obxectivos do seu departamento dando “visibilidade aos deportes minoritarios”; e engadiu que “nun momento tan importante de pandemia, haxa deportistas que sigan loitando polas súas ilusións e obxectivos, creo que é algo moi grandioso”.

Estrella López agradeceu “este recoñecemento ao deporte individual, ao deporte feminino”, igual que Ruth Lorenzo, quen destacou que “o traballo do deportista é un traballo bastante invisible” e este tipo de actos axudan a que sexan máis coñecidos. A karateca do club San Francisco Teo engadiu que estes encontros permiten “poñer á federación e aos deportistas do noso colectivo á vista dos demáis, o que se agradece moito”. ecg