Segundo posto para Julia Vaquero no Europeo máster

Atletismo
El Correo Gallego
Julia Vaquero. Foto: SD

ATLETISMO A atleta da SD Compostela Atletismo Julia Vaquero acadou a medalla de prata no Campionato Europeo Máster. Tamén destacou, na pasada fin de semana, o subcampionato galego de Paula Fernández e o terceiro posto por equipos no Trail Ribeiras do Tambre.

Os Campionatos Europeos Máster estanse a celebrar en Braga (21/02/22–1/03/22), coa participación de tres atletas da SD Compostela Atletismo. Julia Vaquero acadou o subcampionato continental na proba de Cros W50 cun tempo de 33:12, subindo así ao podio 26 anos despois. Ademais, obtivo outro gran éxito en grupo, xunto con Inés Papín e Teresa Castro, ao coroarse as galegas na primeira posición por equipos. A maiores, Emilio García participou na proba dos 8 km Cros M45, asinando un duodécimo posto. Pola súa banda, Amador Pena acadaba onte un posto na final dos 800 metros, que se desputa hoxe.

En canto a outras probas, en Ourense celebráronse os Campionatos da Xunta de Galicia sub-18 e sub-20 de pista cuberta, onde debutaron Julia Salvado e Xoán Fernández. Tamén participou Yago Iglesias.

Na fase final Xogade de Cros celebrada en Lourenzá, os alevíns Clara López e Marcos Barcala representaron ao club nas súas respectivas probas. A cita pechouna por todo o alto a atleta Paula Fernández, logrando o subcampionato galego da categoría infantil feminina.

Pola súa banda, na III Edición do Trail Ribeiras do Tambre, contou con varios podios dos atletas compostelanistas, que ademais firmaron a terceira posición na clasificación xeral por clubs.

Fran Méndez participou no V Trail da Filloa. ECG