Triunfo de Amador Pena na carreira de Taboada

SD Compostela Atletismo
Redacción ECG
Integrantes da SD Compostela Atletismo de todas as idades nas probas feitas en Noia

SD Compostela Atletismo.

A vila costeira de Noia acolleu a súa XXIV Carreira Nocturna Pedestre Popular e alí estiveron atletas de SD Compostela Atletismo de todas as idades. Xunto con outros 300 corredores, os branquiazuis participaron dunha das probas máis espectaculares da comarca do Barbanza.. María Tarrío (34:07) e Laura Botana (39:13) foron premiadas como 3ª Máster2 e 1ª Senior, respectivamente. E xa en Taboada, Lugo, vitoria de Amador Pena, na IX Carreira Popular Entre Pazos e Carballos. Amador foi o corredor máis veloz desta proba do Circuíto Miño-Ulla, con 10 quilómetros de distancia polos sendeiros da comarca da Ribeira Sacra, e que Amador completou en 34 minutos e 15 segundos. E no Circuíto Correndo por Ourense, a proba atravesou a Zona Universitaria da cidade do Miño e alí Alejandro Montero chegou en 3ª posición da xeral si ben o 1º da categoría Senior cun tempo final de 22:02. REDACCIÓN