Vitoria no relevo curto do Nacional sub-16 para María Villaverde

Atletismo
Redacción ECG
De dereita a esquerda María, Nerea, Nadia e Marta. Foto: CA

Santiago. A atleta María Villaverde Brea, do Club Ames Atletismo, debutou este sábado na final B1 do Campionato de España de Atletismo sub-16 por equipos, disputado nas pistas de Camargo, en Cantabria. A amesá tivo unha gran actuación, participando nas probas de lanzamento de peso e no relevo 4x100 metros, que logrou gañar xunto as súas compañeiras Nadia, Marta e Nerea cun tempo de 53,69 segundos.

Por outra banda, Villaverde Brea rematou a final do lanzamento de peso en quinta posición, cun mellor intento de 6,45 metros.

A xove deportista amesá, nada no 2006, participou na competición como parte do equipo sub-16 de Atlética A Silva, de Ordes, o equipo líder dun proxecto conformado xunto ás formacións de Ames Atletismo, Atletismo O Pino e Club Escola de Atletismo Deza de Lalín. ecg