Xornada de pesca fluvial este sábado en Santa Comba

Participan artesáns de montaxes e reclamos de Galicia en mosca seca, afogada e de salmón e peixes artificiais // Conferencia de Pepe Casal
Pesca
ECG
RETORNA Imaxe dunha xornada de pesca fluvial anterior á pandemia de covid-19. Foto: S. E.

Ás portas do comenzo da tempada de pesca fluvial, Santa Comba recupera unha das actividades preferidas dos afeccionados a esta modalidade deportiva. Este sábado, a partir das dez da mañá, no edificio multiusos da capital xalleira, terá lugar unha xornada con relatorios e obradoiros.

Hai dous anos que non se organiza en Galicia unha actividade de este tipo. Santa Comba, marcado polo nacemento do río Xallas e polo seu curso, ten preparado un atractivo programa organizado polo Concello.

Ás dez da mañá inaugurará a xornada a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, en compañía da concelleira de Deportes, Silvia Cancela, e do coordinador da actividade, Javier Silvariño, dando paso ás conferencias matinais do relator da Lei de Pesca e presidente da Asociación Galegade Sociedades de Pescadores, Pepe Casal e A pesca continental na encrucillada; e do profesor de Bioloxía da Universidade de Santiago e presidente da Asociación de Investigadores da Auga, Fernando Cobo, quen disertará sobre A xestión da pesca sostible.

Haberá un obradoiro de montaxes e reclamos de pesca e unha exposición de ninfas de troita, reo e salmón; os asistentes poderán interactuar cos artesáns, entre os máis cualificados de Galicia.

A partir das 16.30 atenderán ao público Alberto Mera, Arturo Alonso e Álex Puente (mosca seca); Fernando Comba (mosca afogada), Quique Veiga e Juan Vázquez (peixes artificiais), Paco Porto, José Antonio Vinuesa e Antonio Vilariño (moscas de salmón).

Estes nove montadores, seis deles membros de colectivo Artesáns da Pesca, que ten a Carta de Artesán da Xunta desde hai máis de dez anos, son figuras de primeiro nivel no eido da montaxe en Galicia.