Carreira Pedestre Popular de Santiago

Carreira Pedestre
Javier Rosende
Saída de 2019. (Fuente, El Correo Gallego)

A pesar de que todos os composteláns saen cada día a correr ás rúas, e moitos deles coa máscara cando non se gardan as distancias, desta vez teñen un ano máis para seguir practicando e superando marcas. A Carreira Pedestre Popular non poderá celebrarse por mor da covid-19, converténdose así noutra celebración que se ve condicionada pola crise sanitaria actual. Con todo, para recordar vellos tempos e ir collendo forzas para a vindeira edición, deixámosvos algunhas fotografías que resumen os últimos 42 anos.