Nomean Xardín de Excelencia Internacional ao Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

Pazo de Santa Cruz de Ribadulla
Javier Rosende
Unha das cascadas polas que perderse no Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

REDACCIÓN. O Congreso Internacional da Camelia de Goto non puido celebrarse con normalidade debido á actual situación, pero isto non impediu que se levaran a cabo as votacións vía telemática para o nomeamento de seis novos xardíns de excelencia en todo o mundo. Entre os afortunados atópase o Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra. Xunto a el recoñeceuse tamén o xardín Lisgar Gardens en Australia, Apoliu Camellia Valley en China; Nonoichi Central Park en Xapón, Villa Motta en Italia e Porto Botanical Garden, en Portugal.

Outros catro xardíns galegos xa contan con esta distinción: os do Pazo de Rubianes, Pazo de La Saleta, Pazo de Quinteiro da Cruz y o Castillo de Soutomaior. Todos eles pertenecen á Ruta da Camelia de Galicia. E é que o título de Excelencia Internacional é outorgado por The International Camellia Society (ICS). Esta sociedade naceu na década dos 90 coa finalidade de distinguir e dar a coñecer os principais xardíns de camelias do mundo. Comezou con seis, e agora ten máis de corenta de múltiples nacionalidades, todos eles con diferentes deseños, filosofía e especies botánicas.