A hostelería volve a concentrarse en protesta polas restricións do seu sector

El Correo Gallego

A hostelería compostelá concentrouse este mércores diante da residencia oficial do presidente da Xunta para volver a protestar polas restricións que afectan ao seu sector. Coa queima de tres mecos coas caras de Pedro Sánchez, Xosé Sánchez Bugallo e Alberto Núñez Feijóo, a hostelería pediu que non se seguira criminalizando o sector ao non estar demostrado que sexan nos seus locais onde se producen máis contaxios.