A Libraría Couceiro recomenda ‘O pintor cego’

El Correo Gallego

‘O pintor cego’ é unha narración da autoría de Xabier Docampo cunhas magníficas e artísticas ilustracións de Xosé Cobas, que a libraría Couceiro nos aconsella ler e contemplar, para levarnos ao mundo máxico dos contos clásicos con reis e raíñas, con amores e aventuras.