Libraría Couceiro: Alma de barro

El Correo Gallego

Di Basilio Losada no prólogo da publicación que ao ler “Alma de barro. Relatos da Ribeira Sacra” tivo a impresión de que tiña nas mans un libro de un gran valor e cun galego espléndido, que estaría chamado a converterse nun clásico en galego.

A nova recomendación da Libraría Couceiro suma tamén o valor de recuperar historias que hoxe poderían perderse se non fora por publicacións coma esta.