Libraría Couceiro: Heidi

El Correo Gallego

Se hai un clásico na literatura alemá ese é Heidi. Esta publicación de Aira editora conta cunhas bonitas ilustracións da man de Miguel Robledo e nárranos en galego, grazas á tradución de Patricia Buxán Outeiro, a historia dunha rapaza que ao quedar orfa vai a vivir co seu avó aos Alpes e comeza a cambiarlle a vida a el e aos habitantes do pobo.