Libraría Couceiro: O esmoleiro

Literatura
El Correo Gallego

O esmoleiro é unha destacada mostra da tendencia naturalista de Andreas Karkavitsas, autor influído polo estilo de Zola e dos escritores rusos. A acción sitúase en 1880, e o seu protagonista, Tziritokostas, é un esmoleiro profesional, procedente dunha rexión do Peloponeso fértil en mendicantes, que chega á aldea de Nychteremi, en Tesalia, un territorio acabado de incorporar ao Estado grego pero aínda coas estruturas legais e administrativas propias da época otomá. Nese lugar aproveitará para poñer en práctica as artes do seu oficio –o disfrace, o finximento, o calote...–, aproveitándose da extrema pobreza e do carácter supersticioso das súas xentes.

Da editorial Hugin e Munin, é a nova recomendación da Libraría Couceiro.