Librería Couceiro: As illas dos deuses

El Correo Gallego

Bos Aires. 1948. Castelao pronuncia o discurso Alba de groria nun momento que xa sabe que padece cancro. Nese momento, un sicario aparece na cidade arxentina co encargo de matar a Castelao.

Serafín Parcero achéganos esta novela, editada por Xerais, a medio camiño entre a ficción e a realidade histórica. Unha publicación para coñecer máis esta figura tan relevante na cultura galega a través da reconstrución da nosa historia.