A Mesa critica a fobia contra o galego en Asturias

Redacción ECG
Adrián Barbón, presidente do Principado de Asturias.

alerta. O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, saíu este xoves ao paso das declaracións do presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón, ao respecto da oficialidade do galego na súa comunidade cando dixo que nadie (en referencia aá Real Academia Galega- RAG) lles vai dicir que recoller no seu Estatuto, que o Principado está negociando. “Ningunha lexislación democrática pode empregar subterfuxios semánticos para ocultar unha realidade e unha necesidade para as miles de persoas galegofalantes entre o Eo e o Navia”, sentenciou. “Se houber intención de situar o Estatuto de Asturies dentro da democracia”, explicou, “a igualdade e os dereitos humanos aos que obrigan tratados internacionais como a Carta de dereitos civís e democráticos ou a Carta das linguas rexionais e minorizadas, o galego asturiano tamén será lingua oficial de Asturies tal e como reclamou a Real Academia Galega”. A Mesa amosa, así, a súa coincidencia coa RAG, que recentemente se dirixiu ao goberno asturiano para reclamar a oficialidade do galego como maneira de recoñecer e comezar a garantir dereitos para as miles de persoas que o empregan día a día malia o nulo recoñecemento legal. ecg