Abre o prazo das axudas para escolas de música de institución sin lucro

Escolas de música
Redacción ECG

ensinanza. A Xunta publicou no DOG a convocatoria das axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro, á que destina 165.000€, a mesma cantidade có ano anterior. O obxectivo é potenciar o funcionamento destes centros que imparten ensinanzas de música non regradas e prestar apoio ás iniciativas para o fomento, difusión e extensión destas ensinanzas por parte das entidades, cunha crecente demanda. Abarcan, como oferta básica, os ámbitos de ensino de música e movemento, práctica instrumental, formación musical complementaria á práctica instrumental, e actividades de conxunto.

A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos e poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 9 de setembro. As axudas destinaranse ao desenvolvemento das súas actividades docentes desde o 1 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2021. A contía máxima da axuda por beneficiario será de 15.000 euros. Serán compatibles con outras axudas para a mesma finalidade, de calquera Administración, ente público ou privado. ecg