Absolta a funcionaria do Sergas que accedeu ao historial clínico da súa filla

Vigo
E.P.

Vigo. O Tibunal Superior de Xustiza de Galizia confirmou onte a sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra que absolveu a unha funcionaria do Servizo Galego de Saúde (Sergas) do delito continuado de descubrimento e revelación de secretos levado a cabo por funcionario público do que estaba acusada por acceder ao historial clínico da súa filla. Segundo lembrou o TSXG, o tribunal de primeira instancia considerou acreditado que a investigada, entre o 11 de xuño de 2012 e o 2 de abril de 2014, “fixo uso do seu usuario e clave de acceso persoal” para entrar en 25 ocasións á historia clínica da querellante pero, subliñou que o fixo sen que a súa filla, durante ese tempo, “lle retirase o consentimento ou lle prohibise o acceso”, e que “non parece disparatado” entender que “no ámbito da relación materno” puidese existir esa autorización. EP