Accidente sen feridos na vía rápida do Salnés

A consecuencia do suceso tiveron que ser atendidas dúas persoas por unha crise de ansiedade
Sucesos
Redacción WEB
Imaxe da colisión este xoves de dous turismos na vía rápida do Salnés. FOTOS: EMERXENCIAS SANXENXO

Un accidente de tráfico ocorrido este xoves pola mañá na vía rápida do Salnés, a AG-41, saldouse sen feridos pero con dúas persoas que tiveron que ser atendidas por unha crise de ansiedade. Segundo Emerxencias de Sanxenxo, o suceso, consistente na colisión por alcance de dous vehículos, obrigou a cortar temporalmente un dos carrís de circulación.