Acordo para o teletraballo na Xunta

Facenda e CIG pactan o réxime para os empregados con ‘oficina’ na casa
Sabela Arias
Valeriano Martínez e Zeltia Burgos, onte na sede da Xunta. Foto: ECG

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, e a secretaria nacional da Confederación Intersindical Galega (CIG), Zeltia Burgos, asinaron en Santiago o acordo para implantar o novo réxime de teletraballo dos empregados públicos na Administración galega. Galicia convértese, así, na primeira comunidade autónoma en adaptarse á normativa de reforma do teletraballo aprobada polo Goberno central no mes de setembro. Este acordo ten unha vixencia de tres anos e regula as condicións e o procedemento para autorizar a prestación dos servizos na modalidade do teletraballo ao persoal da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. O teletraballo será voluntario e reversible tanto para o empregado público que o solicite como para a Administración, que porá a disposición do seu cadro de persoal os medios técnicos precisos para teletraballar.