Ana Pontón denuncia “espolio enerxético” a Galicia nun vídeo dun minuto

Enerxía
El Correo Gallego

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, denuncia o espolio enerxético nun vídeo dun minuto no que alude tamén ás “portas xiratorias” que sentan nas eléctricas a exaltos cargos do PP e do PSOE. Unhas eléctricas que “se forran” e soben a luz en plena vaga de frío. Avanza que o Bloque presenta de novo no Parlamento a proposta da tarifa eléctrica galega para abaratar a factura da luz e para que familias e empresas se beneficien da produción enerxética do país.