Ana Pontón esixe medidas para que os gandeiros non vendan a carne a perdas

Na visita a unha explotación tradicional galega en Rois advertiu de que cobran menos polo quilo actualmente que hai 50 anos
Clara Espiño
recorrido. A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, segunda pola esquerda, na visita que cursou á granxa tradicional gandeira en Rois, este xoves. Foto: Lavandeira jr/Efe

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu este xoves á Xunta de Galicia a tomarmedidas para evitar que os gandeiros galegos vendan a carne a perdas, como lles está a ocorrer na actualidade.

O principal problema do sector gandeiro en Galicia é o “baixo prezo” que reciben pola carne e que “se agravou con motivo da pandemia” sen chegar a recuperarse aínda, explicou en declaracións á prensa despois de visitar unha explotación gandeira de vacún de carne en Rois, na provincia da Coruña.

Ao fío desta observación, Pontón sinalou que mentres que en 1970 se cobraba o equivalente a seis euros o quilo de carne, agora “no mellor dos casos, cóbranse cinco”, o que evidencia que reciben “menos que hai 50 anos”. Unha situación imposible de manter e den entender.

arredor de 22.000 explotacións de gando Deste xeito, demandou ao Goberno autonómico que tome medidas xa para garantir a protección e a rendibbilidade do sector, sobretodo tendo en conta que na comunidade galega existen arredor de “22.000 explotacións” , a metade delas de maneira profesional e a outra metada para autoconsumo, que traballan “en extensivo, son sostibles e que fan labor moi importante para manter poboación no territorio”.

Por todo iso, a nacionalista dixo que os nacionalistas e os gandeiros galegos se preguntan “onde está Feijóo, onde está o Goberno galego?” para atender as necesidades dun sector que urxe “medidas e accións” para ter maior viabilidade económica.

Lamentou que a Xunta de Galicia non se centre en atender estas cuestións mentres “se envolve en bulos e súmase á estratexia da extrema dereita no canto de tomar medidas que garantan que os nosos produtores non vendan por baixo de prezo de custo”, reprochou.

anos con graves problemas E é que, tal e como recordou a líder nacionalista, o sector leva anos “sufrindo problemas graves polos baixos prezos baixos” e require medidas eficaces para defendelo e “garantir a súa viabilidade” sobre todo porque axuda a frear o despoboamento do rural, a previr os incendios forestais e manter a poboación no territorio.

Estas garantías, para o BNG, requiren entre outras medidas, facer cumprir a Lei estatal de Cadena Alimentaria e outras “ que permitan ampliar a base agraria das explotacións”. Hai en Galicia 300.000 hectáreas de superficie agraria abandonada, e cobra especial importancia “que se mobilizaran porque son un elemento central e fundamental para mellorar a rendibilidade das explotacións”, explicou Pontón ante os medios de comunicación, permitindo incluso que mellorar e ampliar o número de cabezas de gando, sustentabñe,m que cuida terrritorioa con ofrece carne de orimeríasima calidade, be esidatos xunta se implique con medidas para evita vender baixo custes de produción.