Aulas Galegas, dous anos atendendo as necesidades de alumnos e profesores

O colectivo creou en marzo de 2020, a raíz da pandemia do covid, un portal educativo
Educación
Rosa Ríos
A agrupación reuniuse en Padrón, no auditorio da Casa de Rosalía, para celebrar a súa I Xuntanza Aulas Galegas.

Santiago. Aulas Galegas, o colectivo de profesorado que creou o portal educativo do mesmo nome por mor da pandemia provocada polo covid, leva elaborando e difundindo contidos en galego para as aulas dede marzo de 2020. Hai uns días, a agrupación reuniuse en Padrón, no auditorio da Casa de Rosalía, para celebrar a súa I Xuntanza Aulas Galegas.

No encontro presentouse a Axenda escolar Aulas Galegas 2021-2022, un material para o ámbito educativo en galego e ques e leva a cabo por segundo ano.

Na publicación, de balde, figuran, ademais dos contidos propios e xerais de calquera axenda (follas trimestrais, mensuais e semanais), outros menos habituais que responden ás necesidades propias do contexto académico como organizadores de aula, fichas de rexistro de titorías e un apartado para avaliacións, entre outros.

A asociación pretende que a súa axenda sirva tamén como “unha fonte de coñecemento”, por iso se inclúe un contido cultural transversal ao longo da parte de calendario. Nesta ocasión a temática elixida son Os camiños de antiago, aos que van dedicando os diferentes meses con ilustracións orixinais de Montse Arza e Nerea Caseiro.

A organización cualificou esta primeira xuntanza como “moi proveitosa” dende o momento enque serviu para que, desde a sua creación, se compartisen experiencias educativas e colectivamente se marcasen as liñas de traballo para o futuro.

Nun comunicado, Aulas Galegas aseguran que ten clara a súa aposta por “atender as necesidades do profesorado e do alumnado tamén no ámbito das TIC”. É a razón de que a axenda, ademais de estar dispoñible en formato que se pode impremir en papel, ofrece tamén unha versión dixital que se pode utilizar en tabletas e móbiles tanto no sistema Androir como iOS como nas súas versións sincronizables en PC e Mac.

Entre os asistentes había persoas que levan traballando desde 2020 en Aulas Galegas e tamén profesionais que se achegaban por primeira vez para coñecer máis de preto as súas propostas e formas de traballo.

Para atender tamén á socialización e interacción entre as persoas asistentes realizáronse varias dinámicas lúdicas e a xuntanza rematou cun xantar de confraternización. r.R.