Conde a EGA: O futuro é verde

Energía
José Calviño
Francisco Conde na videoconferencia con EGA. Foto: X. Crespo

EÓLICA. O Goberno galego está a favor dunha transición enerxética xusta e ordenada que compatibilice a actividade económica coa protección do medio ambiente. Para conseguilo é necesario, sobre todo no contexto actual, achegar certezas e confianza para atraer novos investimentos no sector enerxético. Así o trasladou onte o conselleiro de Economía, Francisco Conde, nun encontro telemático coa nova xunta directiva da Asociación Eólica de Galicia (EGA), que segue estando presidida por Manuel Pazo. A videoconferencia enmárcase dentro do compromiso da Xunta co impulso das enerxías renovables e cunha Galicia Verde. J. C.