Condenado a trece anos por tentar matar á súa parella

Vimianzo
E.P.

Vimianzo. A Sala do Penal do Tribunal Supremo (TS), tras desestimar o recurso presentado, confirmou a pena de 13 anos de cárcere para o actor e expolítico Javier Miñones, quen en maio de 2019 tentou asasinar á súa exparella acoitelándoa en diversas ocasións no pescozo tras acudir ao seu lugar de traballo en Vimianzo (A Coruña). Á parte da pena de cárcere, a Audiencia impuxéralle o pago dunha indemnización de 30.500 euros, a prohibición de comunicarse e achegarse á vítima a menos de 300 metros durante 15 anos e a residir no seu mesmo municipio, e liberdade vixiada durante sete anos tras saír de prisión. O recurso da defensa de Miñones, que foi cabeza de lista de Compromiso por Galicia á Alcaldía de Vimianzo en 2015 --xa desvinculado do partido--, apelaba á “non intencionalidade” por parte do acusado de matar á súa exparella, polo que considera que o delito atribuído debe ser o de “lesións con instrumento perigoso”. EP