“El Correo Gallego contribuíu á xeración dunha identidade común de Galicia por encima de intereses concretos ou visións localistas”

Estatuto
El Correo Gallego
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12/04/2021. El presidente del Tribunal Constitucional, Juan José González Rivas, (c), junto al presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, y el presidente del Parlamento, Miguel Santalices (d), posan antes de inaugurar la jornada 'Cuatro décadas de autonomía de Galicia. Retos y oportunidades', con motivo del 40 aniversario de la promulgación del Estatuto de Autonomía, esta mañana en la capital gallega. EFE/Lavandeira jr.

Este luns celébrase na sede do Parlamento galego a xornada conmemorativa do 40 aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia. A segunda das mesas redondas programadas -“Contribución da prensa galega á consolidación da autonomía. Análise e perspectivas”- conta coa participación dos directores dos seis principais xornais galegos, “que desde moito antes dos albores da nosa autonomía acoden puntuais á súa cita diaria cos lectores”. De conducir esta mesa redonda encárgase Ana Martínez Pedrosa, delegada da Axencia Efe en Galicia, e nela interveñen os directores Xosé Luis Vilela Conde, de La Voz de Galicia; Rogelio Garrido García, Faro de Vigo; Alfonso A. Riveiro, El Progreso; Xosé Pastoriza Martínez, La Región; Manuel Ferreiro Regueiro, El Ideal Gallego; e José Manuel Rey Nóvoa, director de EL CORREO GALLEGO e decano dos medios escritos na nosa comunidade.