Formoso: “Seremos esixentes en lograr conexión a Ferrol”

Nun acto coa ministra de Axenda Urbana sinalou a importancia vital das axudas ao alugueiro para os mozos e mozas de Galicia
l.reySantiago
Miradas fixas do secretario xeral do PSdeG e da ministra Raquel Sánchez tras reunirse este venres en Ferrol para presentar o Bono Alugueiro Xoven aprobado polo Goberno central

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou o esforzo do goberno para desbloquear a rebaixa das peaxes da AP-9, así como o investimento en infraestruturas, sinaladamente na mellora do acceso ferroviario aos portos exteriores de A Coruña ou Ferrol. Así o dixo antes dun acto xunto coa ministra de Transportes, Mobilidade, e Axenda Urbana, onte en Ferrol para presentar o Bono Alugueiro Xoven.

O responsable socialista sinalou que grazas ao goberno presidido por Pedro Sánchez, “agora mesmo a un cidadán de Ferrol cústalle a metade que hai un ano chegar a A Coruña ou a Vigo”. Salientou este “compromiso cumprido” logo de anos de bloqueo polo executivo de Mariano Rajoy e o PP, e que resulta “fundamental para revitalizar a economía e para as familias galegas”.

Salientou ademais as “facilidades” do goberno para acadar un acceso ferroviario “decente” aos portos exteriores de Ferrol e A Coruña. Sinalou que estas infraestruturas estratéxicas “non terían sentido nin viabilidade” sen a comprensión do Ministerio, que conseguirá, dixo, facer que a infraestrutura sexa unha realidade “tendo en conta o novo escenario de fondos europeos” e polo compromiso de España e o PSdeG.

Antes de celebrar un acto para presentar o Bono Alugueiro Xoven aprobado polo Executivo central, Valentín González Formoso lembrou que “seremos esixentes co tren a Ferrol”, e engadiu que “sabemos que vai conseguirse polo empeño” do PSOE no goberno central.

as axudas de alugueiro para a mocidade dentro do Plan Estatal de Vivenda Xa no acto, o líder dos socialistas galegos sinalou a importancia “vital” das axudas ao alugueiro para os mozos e mozas de Galicia, onde o 75 por cento das persoas menores de 34 anos aínda viven cos seus pais. Sinalou que esta medida intégrase no Plan Estatal de Vivenda, que demostra a “aposta política por cumprir co mandato constitucional do dereito á vivenda” en sintonía coa Lei de Vivenda.

A ministra Raquel Sánchez, salientou o bono de axuda ao alugueiro e o Plan Estatal de Vivenda, aprobados este pasado martes no Consello de Ministros, dirixidos a apoiar aos mozos e mozas para “empezar o seu proxecto de vida” fora do domicilio dos pais.

Salientou a “oportunidade histórica” para “demostrarlle aos mozos e mozas que o goberno está comprometido con eles”, como fará coas medidas para conter os prezos a través da futura Lei de Vivenda.

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, acompañou ao líder dos socialistas galegos e á ministra de Infraestruturas a visitar as vivendas rehabilitadas na rúa de Méndez Núñez grazas ás axudas estatais. Destacou que “nunca se produciu un investimento maior que o de 2022 con respecto ao Plan de Vivenda para Ferrol, onde percibirán case 1 millón de euros máis con respecto a programas anteriores.