Galicia acércase á fronteira dos 4.000 casos activos de Covid

Creceron en 377 nas últimas 24 horas // O número de novos contaxios foi de 500 // A presión hospitalaria mantense estable
COVID
Redacción ECG
Vacunación covid na Cidade da Cultura este martes. Foto: Antonio Hernández.

Remata a semana cunha nova suba de casos covid na comunidade galega que xa roza os 4.000. Por segunda xornada consecutiva, a cifra de novos contaxios ascendiu a 500, tras os 507 do xoves. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos en Galicia é de 3.970, 377 máis rexistrados nas últimas 24 horas. Esta cifra sitúase por debaixo dos Deles 587 son da área da Coruña, 406 da de Lugo, 1.008 da de Ourense, 342 da de Pontevedra, 1.067 da área de Vigo, 357 da de Santiago e 203 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 13 están en UCI (+1) 94 en unidades de hospitalización (+1) e 3.863 están recuperándose no seu domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 181.340 persoas curadas, rexistrándose 2.665 falecementos. O último óbito comunicado polas autoridades sanitarias galegas corresponde a unha muller de 72 anos, falecida o pasado 24 de novembro no Hospital Povisa, en Vigo, que contaba con patoloxías previas.

Continúase avanzando no proceso de vacinación co pinchazo da terceira dose. Ata o momento o número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.820.762.